venres, 26 de febreiro de 2016

A orixe do amor. Unha proposta de secundaria que recibimos con moita alegría

A semana pasada, recibimos con moita alegría a proposta dos rapaces e rapazas de secundaria arredor da orixe do amor, un mito de Platón incluído no seu libro O Banquete. Encantounos o mito e pasámolo xenial. Deixámosvos un vídeo para que poidades comprobalo. Moitas grazas por tan precioso regalo.


Deixámosvos tamén unha pequena píldora de amor de nós para vós. Un abrazo


Ola,
estivemos a ver a vosa píldora de amor.  Mellor que escribir palabras será ver a emoción que producistes en  nós. Ollade este vídeo. Moitas grazas e moitos bicos. Cada día temos máis gañas de coñecervos
Ata pronto.

2 comentarios:

  1. Ola
    Son Pepe Cabido, o profesor do IES Fontexería e quero darvos as grazas por esta mediciña de amor e alegría. Sodes fantásticos e fantásticas e a Alicia tamén
    Moitas moitas moitas grazas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias, e gracias, e gracias e gracias! Fíxonos moita ilusión o teu comentario e participar na actividade ;)

      Eliminar