venres, 26 de febreiro de 2016

A orixe do amor. Unha proposta de secundaria que recibimos con moita alegría

A semana pasada, recibimos con moita alegría a proposta dos rapaces e rapazas de secundaria arredor da orixe do amor, un mito de Platón incluído no seu libro O Banquete. Encantounos o mito e pasámolo xenial. Deixámosvos un vídeo para que poidades comprobalo. Moitas grazas por tan precioso regalo.


Deixámosvos tamén unha pequena píldora de amor de nós para vós. Un abrazo


Ola,
estivemos a ver a vosa píldora de amor.  Mellor que escribir palabras será ver a emoción que producistes en  nós. Ollade este vídeo. Moitas grazas e moitos bicos. Cada día temos máis gañas de coñecervos
Ata pronto.

xoves, 25 de febreiro de 2016

Ola!
Que tal estades?
Hoxe estivemos vendo as vosas respostas ao reto 2
Son fantásticas!!!!
Pasámolo xenial e parécenos que son moi boas.
Deixamos agora a nosa que esperamos que vos goste.
Ata pronto!!!


Aquí abaixo deixamos un enlace da película sobre o Emperador grego Alejandro Magno para que vós fagades unha idea de como eran nesa época.


http://youtu.be/Hxp6c-b6IQU

martes, 23 de febreiro de 2016

Reto 2 Ceip Felipe de Castro

Ola de novo! Aquí vos deixamos a solución ao reto 2. Estamos aprendendo moitas cousas e desexando escoitar o novo reto. Apertas!!!!


Fotos CEIP Pepe de Xan Baña

Aquí van as fotos prometidas. Agora xa podedes ir coñecéndonos un pouquiño máis ;)






luns, 22 de febreiro de 2016

SOLUCIÓN RETO 2. Ceip Pepe de Xan Baña

Aquí estamos de novo. Canto nos gusta ter noticias vósas. Xa bailamos e xa nos abrazamos. En breve ensinámosvos o que fixemos para coñecer ese precioso mito sobre a orixe do amor.
Hoxe o que vos deixamos é a solución ao reto 2, no que tiñamos que atopar Grecia nun mapa e onde viven os deuses gregos, buscando na biblioteca. Seguimos!! Ata pronto!


mércores, 17 de febreiro de 2016

UN CONTO PARA BAILAR E ABRAZARSE: a orixe do amor no Banquete de Platón

Ola amigas e amigos
Deixamos un conto e un video para que disfrutedes aprendendo. Contamos o mesmo conto os dous grupos porque non gustou moito!!!!!!
Ata pronto!!!!



Ola
Nós tamén deixamos a nosa resposta ao reto da palabra mitoloxía
Xa vimos as vosas e están moi ben
Moitas grazas










Ola
Deixamos a nosa resposta ao primeiro reto
Somos o equipo 1 do IES Fontexería
Moitas grazas polas vosas
Un gran traballo

luns, 15 de febreiro de 2016

Fotos CEIP Felipe de Castro

Aquí vos deixamos as nosas fotos para que podades poñernos nomes cando nos vexades nos vídeos.

 Apertas!!!!

domingo, 14 de febreiro de 2016

Solución reto 1, Ceip Felipe de Castro



Aquí vos deixamos o resultado da nosa invesigación. Empezamos a traballar o segundo reto!!!



xoves, 11 de febreiro de 2016

Ola
Que tal ides?
Nós seguimos a aprender cousas desto da mitoloxía e xa vós contaremos.
Agora queremos deixar unhas fotos para que nós coñezades mellor.
Ata pronto

luns, 1 de febreiro de 2016

RESPOSTA AO RETO 1. CEIP Pepe de Xan Baña

Pois aquí está! Aínda que xa sabemos que non ten nada que ver nin cos bichitos nin cos experimentos, e buscamos moita información, aínda nos costa un pouco procesala. Seguiremos traballando!!